Nos Oscos (Asturias) terá lugar unha charla sobre o Pico (tamén chamado Cénit ou Teito) do petróleo a cargo do presidente da Asociación Véspera de Nada, Xoán Doldán. O enxeñeiro Víctor Luis Álvarez, membro de AEREN tamén falará no encontro sobre as posibilidades da enerxía hidráulica (minicentrais e microcentrais).
Será o día sábado 8 de xuño, ás 16:30 na Casa de Cultura de Santa Eulalia de Oscos.

A charla, no xornal asturiano La Nueva España: http://www.lne.es/occidente/2013/06/08/santa-eulalia-oscos-acoge-hoy/1424636.html