Curso de verán da USC: Enerxía, cambio climático e sostibilidade: comunidades enerxeticamente autosuficientes

Universidade de Santiago de CompostelaDo 15 ao 20 de xullo a Universidade de Santiago de Compostela ofrecerá, dentro dos seus cursos de verán, un interesante repaso á autosuficiencia enerxética, da man —entroutros— do presidente de Véspera de Nada, o profesor Xoán R. Doldán, que falará da situación enerxética mundial.

Outros temas que terán cabida no curso, de 35 horas lectivas e que será impartido simultaneamente en rede para diferentes sedes universitarias de Hispanoamérica, serán: experiencias como as Smart Cities, as Transition Towns e as ecoaldeas, a avaliación de solucións tecnolóxicas, a resiliencia e a sustentabilidade, e a valiación de necesidades e recursos das comunidades humanas.

Máis información, no web da USC: Curso Enerxía, cambio climático e sostibilidade: comunidades enerxeticamente autosuficientes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.