A nosa asociación foi convidada a presentar mañá domingo 16 de xuño as nosas actividades e dar unha breve palestra sobre o peak oil no encontro para a posible creación dun nodo galaico da chamada Revolución Integral. Será en Vigo, no CSOA Xuntas, e a nosa intervención terá lugar contra as 16:30 horas.
No documento adxunto (PDF) podedes ver os apuntamentos do que iremos contar alí, baixo o título de Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo e a revolución urxente. No encontro tamén repartiremos algunhas copias impresas do caderno formativo que fixéramos hai dous anos para a Escola Popular Galega e un recente artigo de Joaquín Sempere para ampliaren información as persoas asistentes.
4 reflexións sobre “O Teito do petróleo e a Revolución urxente”