Véspera de Nada reúnese co deputado de AGE Antón Sánchez para tratar sobre o Teito do petróleo

Este martes celebramos unha xuntanza no Parlamento de Galiza co deputado de AGE Antón Sánchez García na que falamos das acción políticas que este grupo parlamentar vén realizando e vai realizar vencelladas co problema do Teito do petróleo e as medidas que incluíran de cara ás eleccións galegas do pasado ano.

A comunicación de Véspera de Nada coas forzas políticas que compoñen esta coalición vai continuar nos vindeiros meses co obxectivo de que no novo periodo de sesións do parlamento que comeza tras o verán se poidan plasmar accións dirixidas a preparar o país ante a situación do colapso á que nos aboca o peakoil.

Manoel Santos, Antón Sánchez, Xoán R. Doldán e Manuel Casal. Foto: AGE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.