Onte ás 22 h deu comezo oficialmente a campaña de financiamento colectivo (crowdfunding) para facer realidade un libro co que queremos marcar un antes e un despois en Galiza. A Guía para o descenso enerxético, un proxecto longamente preparado pola nosa asociación, quere ser un punto de partida para poñer mans á obra a unha minoría pioneira de galegas e galegos no labor de construír unha Galiza pospetróleo. Máis cedo que tarde o noso país vai ter que afrontar unha transformación radical de todas as súas estruturas sociais e económicas, actualmente deseñadas para funcionar a base —en gran medida— de enerxía fósil. A Galiza do futuro deberá funcionar con moita menos enerxía e totalmente renovable. Por iso e porque non podemos permitir que o desleixo dos nosos gobernantes nos leve a un suicidio como pobo, debemos construír esa nova Galiza desde baixo, desde as vidas de cada un e unha de nós, desde as nosas comunidades (aldeas, barrios…), colectivos sociais e pequenas empresas. A nosa Guía quere ser unha axuda decisiva para orientar esa transformación social. Convidámosvos a coñecer o proxecto, facelo chegar á vosa xente e unirvos a el para facérmolo posible entre todos: só temos 40 días…
Guía para o descenso enerxético: 40 días para comezarmos a mudar un país

Buenos días compañer@s,
En primer lugar daros la enhorabuena por la elaboración y publicación de la guía para el descenso energético. Hace un tiempo realicé la aportación por un valor de 5€ para disponer de la misma en formafo electrónico, dado que resido en el extranjero. Les escribo para conocer si se ha publicado ya y si no es así saber cuando estará disponible. Muchas gracias y adelante ;-).
Saludos,
No, aún no está, Jesús, pero ya falta muy poquito. En breve dispondrás de tu copia en PDF, pues estamos cerrando aún el proceso de maquetación. Esperamos disculpes el retraso y gracias por tu apoyo 🙂