Un novo estudo científico avisa do impacto económico do «Peak Oil»

Gráficas do estudo Economic vulnerability to Peak OilSegundo publicou o pasado xoves o web en español de Russia Today acaba de aparecer un novo estudo que advirte dos profundos impactos económicos do Teito do Petróleo para a economía mundial. O estudo, que leva por título «Economic vulnerability to Peak Oil» e foi publicado na revista Global Environmental Change, desminte a capacidade dos petróleos non convencionais (como as areas asfálticas) para compensar o declive do petróleo convencional, e alerta acerca da repercusión en sectores críticos como a produción de fertilizantes para a agricultura, a minaría e metalurxia, así como o transporte e polo tanto nas cadeas de subministro en todos os sectores. Os autores analizan o impacto que isto vai ter para a economía mundial e nomeadamente para a estadounidense, cuxa vulnerabilidade ao Peak Oil mapean no estudo nunha gráfica segundo a súa importancia para o conxunto da economía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.