Organizado pola Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC, no marco do proxecto de Hortos Urbanos de USC en Transición, terá lugar este martes 18 de febreiro ás 19:15 h unha palestra sobre “Plantas que coidan plantas”, a cargo de Emilio Román Leis, membro de Véspera de Nada.
Será na Aula 5 da Facultade de Bioloxía (Campus Sur en Compostela), e simultaneamente por videoconferencia na Aula XXV Aniversario da Facultade de Veterinaria, no Campus de Lugo. A entrada ao acto será libre ata completar aforo.