Presentamos en Redondela a «Guía para o descenso enerxético» (3 de abril)

capa-guia-descenso-enerxetico-vespera-de-nada-galiza-sen-petroleo-BY-Antia-Barba-MarinhoMañá será a 2ª das nosas presentacións da Guía / encontro cos mecenas e público interesado. Terá lugar na Casa da Cultura de Redondela, ás 20:00 h e contará coa presenza de Xoán Ramón Doldán García, presidente de Véspera de Nada. Organiza: Trespés Soc. Coop.

Na presentación Doldán fará unha breve explicación do que é o Peak Oil, as graves consecuencias que ten para as nosas sociedades, e como se pode facer fronte a esta situación a partir de estratexias como as apuntadas pola nosa Guía para o descenso enerxético. A partir de aí haberá un debate cos asistentes en torno a estas cuestións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.