Publicamos a reseña do noso compañeiro Sito Costa do ensaio Límites externos de acumulación de capital: el declive energético del siglo XXI de Emilio Santiago Muíño, no que analiza as relacións entre o capitalismo como sistema e o Peak Oil e como se retroalimentan mutuamente.
Emilio Santiago Muíño ven de publicar un interesante ensaio, «Límites externos de acumulación de capital», moi sinxelo de ler nun par de tardes.
Introduce o libro expoñendo os datos, citas e autores nos que se fundamenta para certificar o colapso do capitalismo baseándose en factores intrínsecos do propio sistema (voracidade irrefrenable, estructura cada vez máis piramidal, límites da acumulación da riqueza en poucas mans…) e factores determinados polo límites externos ó propio sistema, descritos coma un “fenómeno poliédrico” onde múltiples sobrepasamentos ecolóxicos e sociais se entrecruzan e retroalimentan levándo ó limite a capacidade non soio do capitalismo senón do propio planeta e dos seus recursos.
Nunha segunda parte do libro desglosa, con maior ou menor profundidade dependendo do tema, ata que punto a crise enerxética e o Teito do Petróleo están no basamento deste colapso e cales serán as consecuencias de seguir embarcados neste tren ata chegar ó precipicio final. Fainos desta maneira unha revisión de como se verá afectado cada aspecto das nosas vidas e das nosas sociedades e as graves consecuencias que terá intentar soster unha poboación mundial de 7000 millóns de humáns en condicións de decrecemento económico.
Dende logo un ensaio moi recomendável para poñer o Peak Oil nun contexto social e para establecer as relacións directas que ten o sistema capitalista sobre o teito do petroleo e, viceversa, as catastróficas consecuencias que terá o cénit do petróleo no colapso da nosa civilización.
O ensaio de Emilio Santiago pódese descargar de balde no web do Grupo de Investigación Transdisciplinar sobre Transiciones Socioecológicas.
Emilio Santiago Muíño ven de publicar un interesante ensaio, «Límites externos de acumulación de capital», moi sinxelo de ler nun par de tardes.