O presidente de Véspera Nada vén de convocar en exercizo das súas funcións, a asemblea xeral anual de socios da Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo. A asemblea terá lugar de maneira asíncrona e telemática por medio da lista de correo interna dos socios de Véspera, comezando o vindeiro venres 19 de decembro. A orde da asemblea será a seguinte:
0. Breve presentación de novas persoas socias.
1. Presentación de contas e aprobación se proceder.
2. Informe de xestión da directiva e aprobación se proceder.
3. Presentación de candidatos para novos cargos directivos, e votación dos mesmos.
4. Plan de actuación para 2015 e outras propostas.
Esta orde do día está aberta e poderá ser ampliada con novos temas que foren propostos polas persoas socias de aquí a entón.
Como preparación desta asemblea, para axilizar as decisións que nela se tomen e o debate online, terá lugar mañá sábado 13 de decembro unha xuntanza preparatoria, presencial, no Centro para a Resiliencia Pousadoira, en Miño, a partir das 11 h.
As persoas que aínda non sexa socias e queiran tomar parte nesta nova asemblea da nosa organización, poderán solicitar a súa afiliación ata o día previo ao comezo da asemblea.