La Voz (edición local de Carballo) entrevista a Xoán Doldán acerca do Peak-Oil

xoan doldan fala en la voz do teito do petróleo

xoan doldan fala en La Voz do teito do petróleo

O noso compañeiro e presidente, Xoan Doldán, foi entrevistado en La Voz (edición local de Carballo) con motivo da presentación da Guía para o descenso enerxético feita en Carballo pola Asociación Vespera de Nada.

O que queremos é que a xente saiba que o do petróleo é un problema que nos afecta en moitas facetas da vida, vivimos nun mundo impregnado de petróleo porque moitas cousas que usamos a diario están fabricadas con el. Intentamos que entenda esa dependencia e modifique hábitos nos que indirectamente tamén está presente, como por exemplo no feito de que a maior parte dos alimentos que consumimos proceden do exterior e polo tanto precisan do petróleo para ser transportados; por iso é importante reactivar a produción local. Tamén deberíamos buscar fórmulas para autoabastecernos o máximo posible de enerxía para iluminación e para calefactar as vivendas, e reclamar un transporte público de calidade

La Voz (edición local de Carballo) fixose eco da presentación, á que acudiron Xoán Doldán e Manuel Casal en representación da asociación, da Guía para o descenso enerxético que tivo unha grande aceptación e foi éxito considerable en canto a asistencia e participación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.