Vense de convocar asemblea xeral ordinaria de socios da Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo. Terá lugar na nosa nova sede: o Centro para a Resiliencia Pousadoira, en Pousadoira (Miño), o vindeiro domingo 13 de decembro, con comezo ás 11 h (quedaremos a xantar alí).
Esta é a orde do día:
- Lectura e aprovación da acta da asamblea anterior.
- Informe do presidente sobre o ano que pasou.
- Informe da secretaría sobre o estado das contas.
- Legalización dos Estatutos.
- Planificación de actividades para o próximo ano.
- Elección da Xunta Directiva.
Aproveitando esa nova asemblea da nosa organización, queremos aproveitar para lanzar un chamamento a todas as persoas que nos seguen e queiran sumarse ao noso labor, para que se afilien de aquí a ese día. Fan falla moitas mans e moita enerxía para camiñarmos cara a esa Galiza pospetróleo que debuxabamos na nosa Guía para o descenso enerxético. Se queres que continuemos co noso labor, se queres que Véspera de Nada teña presenza na túa bisbarra da túa man… únete agora e participa na definición das nosas vindeiras actividades, na nosa lista interna de socias, na sección privada do foro da Galiza pospetróleo e socios e desfruta dalgunhas outras vantaxes (prezos especiais nas nosas publicacións, por exemplo). Se queres información sobre cómo te afiliares, escríbenos antes do día da asemblea a diademoito ARROBA vesperadenada PUNTO org
.
Evento en Facebook: https://www.facebook.com/events/1715680125330799/