Este vindeiro luns 25 de xullo, dentro do espazo das Ideas e das Letras no Festigal, faremos unha breve presentación do novo libro publicado por Véspera de Nada: Por que é que a crise non acabará nunca?
Será ás 16:20 h e correrá a cargo do tradutor do libro, Manuel Saavedra.
Durante toda a tarde (14 a 21 h) o libro estará á venda no posto que Véspera de Nada terá na zona das asociacións, ao prezo de 7 €. Durante este día teremos unha oferta para todas as persoas que acheguen pola nosa mesa, mediante a cal poderán adquirir o novo libro xunto coa Guía para o descenso enerxético ao prezo conxunto de 18 €
O evento en Facebook: https://www.facebook.com/events/1450914208268180/