Dentro dun curso acerca do procesado da la ofrecido pola cooperativa Aurora de los caminos, as nosas compañeiras Bea Arias e Begoña de Bernardo presentarán ás persoas asistentes a nosa asociación, a Guía para o descenso enerxético, e tras a emisión do documental en galego Non hai mañá (D. O’Connor, 2012), terán un coloquio coas persoas asistentes.
Será este sábado 27 no mosterio de San Martiño de Ozón, a partir das 21:30 h.
No cartaz adxunto hai máis información sobre o resto das xornadas dentro das cales se inscribe esta actividade da nosa asociación, que será como sempre de balde.
Páxina do evento en Facebook: https://www.facebook.com/events/1918900978368379/