Begoña de Bernardo falará sobre Ecofeminismo, Resiliencia e Colapso o sábado 30 en Fragoselo (Vigo)

A nosa presidenta, Begoña de Bernardo, participará na III Xornada Ambiental organizada pola Comunidade de Montes de Coruxo, en Vigo, cuna palestra titulada “Ecofeminismo, resiliencia e respostas locais e xerais ante o colapso vindeiro”. Será de 18:30 a 20:00 o sábado 30 de setembro, no local da comunidade de montes na Subida a San Sebastián, nº 23, en Fragoselo (Vigo).

No cartaz que acompaña este texto, pódese consultar o resto da programación da xornada.

Cartaz da III Xornada Ambiental da Comunidade de Montes de Coruxo (Fragoselo, Vigo)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.