Dentro das actividades organizadas polo Movemento Galego polo Clima co agallo da semana de mobilizacións internacionais polo clima, e tamén como unha actividade do Centro de Saberes para a Sustentabilidade, a nosa asociación proxectará o vindeiro luns 23 de setembro o documental de animación de Dermot O’Connor Non hai mañá, dobrado ao galego.
Posteriormente haberá unha breve palestra a cargo de Manuel Casal Lodeiro, para poñer en relación a cuestión do caos climático, da fin dos combustibles fósiles e do colapso da civilización industrial-capitalista-crecentista. Isto dará pé a un debate coas persoas asistentes ao redor destas cuestións.
O acto terá lugar no Matadoiro, en Compostela, ás 18:00 h.