Nós-TV entrevistou Xoán Doldán, economista ecolóxico, vicepresidente de Véspera de Nada y actualmente decano de Ciencias Económicas da USC, acerca do peche da central térmica d’As Pontes.
“A sociedade pospetróleo non pode ter a complexidade da actual”, sostén Xoán Doldán. Conflictos como o que atravesa nestes momentos a comarca das Pontes, ante o posible peche definitivo da central térmica de Endesa, constitúense como unha consecuencia da crise enerxética global e a entrada da chamada ‘era pospetróleo‘.
“Vai ser necesario cambiar de raíz o sistema enerxético (…) Tratouse de prolongar a vida das centrais artificialmente pero nunca se pensou nunha alternativa para esas comarcas, das que se tería que estar falando xa desde os anos oitenta”. A emisión de gases invernadoiro e a fereza do cambio climático tamén exercen o seu papel e semella que temos que escoller entre a conservación dos postos de traballo ou do noso medioambiente. Pero, no fondo, a realidade é outra. Adentrámonos nunha transformación do noso modelo produtivo onde a Galicia rural podería obter un papel fundamental.