Véspera de Nada, no IV Foro Labrego Agroecolóxico

Durante esta fin de semana (16 e 17 de novembro) celebrarase en Herbón o IV Foro Labrego Agroecolóxico, organizado polo Sindicato Labrego Galego. O tema ao que se dedica este ano é “Soberanía climática – Emerxencia alimentaria”.

Nas distintas mesas redondas que están programadas haberá participación de membros de Véspera de Nada. O sábado será o turno de Begoña de Bernardo, presidenta da asociación, que falará sobre as políticas públicas e a medida en que contribúen á loita contra o cambio climático. O domingo, Xoán Doldán, decano da Facultade de Económicas da Universidad de Santiago de Compostela e vicepresidente da asociación, intervirá na mesa redonda sobre o que poden facer os consumidores para loitar contra o cambio climático.

Ademais dos diversos debates que terán lugar no Foro, tamén haberá tempo para o convivio con dous xantares comúns e un magosto o sábado á noite.

Programa do Foro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.