Posted in

Nova directiva e nova etapa para Véspera de Nada

O pasado día 10 de maio celebrouse unha asemblea xeral da nosa asociación, da que saiu unha nova directiva formada por:

  • Xoán R. Doldán García, como presidente.
  • José Luis Valcarce Rodríguez, como vicepresidente.
  • Manuel Casal Lodeiro, como secretario.

Nesta asemblea decidiuse dar continuidade á asociación e retomar as actividades nos vindeiros meses. Dentro deste proceso animaremos á incorporación de novas persoas socias, e realizaremos actualizacións á nosa presenza online, comenzando por algunhas mudanzas e melloras neste web e polo traslado do web da Galiza Pospetróleo (o sitio oficial da nosa Guía para o descenso enerxético) a LegadoWeb en forma de copia estática que quedará arquivado a efectos históricos de consulta, o cal xa fora decidido pola asociación con anterioridade á celebración desta asemblea. Tamén se decidiu o traslado de sede e a modificación de estatutos para facer o mandato das xuntas directivas de 2 anos.

En vindeiros posts iremos informando doutras novidades e actividades que iremos poñendo en andamento, nuns intres históricos onde se fai máis urxente ca nunca a defensa dunha Galiza sen petróleo.

Co-fundador de Véspera de Nada. Actualmente secretario da asociación e xestor do web.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.