(Páxina en desenvolvemento. De contado iremos engadindo máis datos.)
Para as referencias concretas das fontes citadas, vid. a nosa Bibliografía.
Datos sobre consumo de petróleo e consumo enerxético
- España depende enerxeticamente do exterior aproximadamente nun 90%. [Fonte: Pedro Prieto (2012)]
- O consumo medio mundial de enerxía por habitante e ano, expresado en petróleo equivalente, sería de 1,5 Tn. En W sería 2.500 W de potencia permanentemente en uso. En España esa media sería de 4.500 W. [Fonte: Pedro Prieto (2012)] En España consumiuse en 2012 a enerxía equivalente a 2,77 toneladas de petróleo per capita [Fonte: AIE (2012)].
- O cidadán medio de Bangladesh consome anualmente un 3% da enerxía que consome un estadounidense. Un español ou española, un 38% do que un ou unha estadounidense, 13 veces o que a/o bangladesí e 2,85 veces o que os cubanos. Reducir en España o consumo per cápita ao nivel cubano implicaría reducilo ao 35%. [Fonte: Pat Murphy (2008) e Wikipedia.]
- Os combustibles fósiles representan o 98% do consumo enerxético do sector trasporte a nivel mundial (25.000 TWh/ano) [Fonte: Johansson, Liljequist, Ohlander & Aleklett (2010)]
- O estadounidense medio/a consume a diario a enerxía equivalente a 150 escravos traballando as 24 horas do día para el/ela [Fonte: Heinberg (2003) p. 30-31].
- O uso do petróleo que un(ha) urbanita típico nun país industrializado consome vai, aproximadamente, para: 1/2 en transporte, 1/3 para obter alimento, e o resto (17%) en forma de plásticos e petroquímicos. [Fonte: Heinberg (2006) p. 148].
- Construír, operar e demoler edificios leva case a metade da enerxía consumida cada ano nos EE.UU. [Fonte: Murphy (2008)]
- Construír e utilizar edificios supón en España o 32% do consumo da enerxía non renovable. [Fonte: Informes de la Construcción, vol. 64, 527, 401.414, julio-setiembre 2012]
- A fabricación dun coche consume a enerxía equivalente a 20 barriles de petróleo. [Fonte: Sullivan Advisory] Outros cálculos din que a enerxía que incorpora (embeded energy) un coche medio é de 0,27 Terajoules = 270 GJ = 6,42 toe = 44 barriles de petróleo. Se con cada barril de petróleo se poden viaxar de media uns 1.400 Km nun coche estándar, iso significa que a fabricación dun coche equivale á enerxía que consume ese mesmo coche en combustible para viaxar 61.600 Km, é dicir máis de volta e media ao redor da Terra! [Fonte: Wikipedia] A enerxía consomida na fabricación sería 1/6 de toda a que consomirá durante a súa vida útil (estimada en 13 anos). É dicir, que na fabricación se precisa un 234% do que consome o coche nun ano. [Fonte: Murphy (2008: 135, 139)]
- A fabricación dun ordenador persoal consume dez veces o seu peso en combustibles fósiles. [Fonte: Sullivan Advisory] Para producir un PC de sobremesa cun monitor CRT se precisan 7.320 MJ de enerxía e 290 kg de combustibles fósiles. (Fonte: E.D. Williams (2004)]
- A produción dun microchip consume 630 gramos de combustibles fósiles por cada gramo de peso do chip. [Fonte: Sullivan Advisory]
- Unha procura normal en Google pode implicar a xeración de entre 1 e 10 g de CO2 [Fonte: Jonathan Leake & Richard Woods (2009)].
- O petróleo supuña en 2010 o 27% dos custos do sector da aviación comercial en España [Fonte: As propias aeroliñas, citadas por Europa Press]
- …
Datos sobre agrocombustibles
- Se toda a cana de azucre do mundo se destinase a producir etanol, soamente se poderían reemprazar o 2,5% (620 TWh) dos combustibles fósiles que se consumen na actualidade no sector do trasporte (25.000 TWh). [Fonte: Johansson, Liljequist, Ohlander & Aleklett (2010)]
- …Se se fixese con todo o millo do mundo, serían un 1.600 TWh (6,4%). [Fonte: Johansson, Liljequist, Ohlander & Aleklett (2010)]
- …Con toda a soia produciríanse 400 TWh de biodiesel (o 1,6%). [Fonte: Johansson, Liljequist, Ohlander & Aleklett (2010)]
- …Con todo o aceite de palma, 250 TWh de biodiesel (o 1%). [Fonte: Johansson, Liljequist, Ohlander & Aleklett (2010)]
- …
Datos sobre agricultura e gandería industriais, e sobre o medre da poboación que permitiu o petróleo
- Grazas ao uso de combustibles fósiles, foi posible aumentar enormemente a produción de alimentos. A poboación medrou en paralelo ao consumo de combustible. Agora a poboación mundial está en torno aos 7 mil millóns, comparado cos aproximadamente 450 millóns de persoas que había no ano 1500, é dicir, multiplicouse por máis de 10. [Fonte: Gail Tverberg (2011)]
- Producir cada caloría de comida requere o consumo dunhas 10 calorías de petróleo, incluindo o consumido na granxa, o transporte, o procesado e a preparación. [Fonte: Charles Hall & John Day]
- Nos sistemas agrícolas tradicionais, previos á industrialización, podían obterse máis de 5 calorías de comida por cada caloría investida na súa produción (20 no caso do cultivo tradicional de cereais en Castela e ata 50 calorías no caso da agricultura chinesa tradicional). [Fonte: (Murphy, 2008: 184) e (Véspera de Nada, 2008)]
- O sector alimentario consume o 19% de toda a enerxía nos EUA. [Fonte: Charles Hall & John Day]
- 40% do gran que se cultiva no planeta (47 millóns de hectáreas) é para engorde do gando. Se se destinasen a alimentar seres humanos aportarían as calorías suficientes para máis de 3.500 millóns de persoas. [Fonte: Gustavo Duch]
- O 70% do millo cultivado nos EUA é para engorde de gando. A nivel mundial destínanse ao gando os 2/3 da tierra agrícola total ademáis do 1/3 das capturas de peixe. [Fonte: Albert Bates (2006) p. 76-77].
- En 1945 unha granxa típica norteamericana producía 2.500 calorías de comida por cada caloría que empregaba no seu cultivo; en 1975 esa ratio baixara a 1:1 e hoxe en día estaría en torno a 1 caloría de comida por cada 10 empreadas [Fonte: Bermejo (2008) p. 157]. Se temos en conta os fertilizantes, herbicidas, maquinaria, irrigación, refrixeración e transporte, a relación actual sería de 1 caloría de comida producida en troques de 2.000 calorías gastadas! [Fonte: Bates (2006)]
- Nos EUA para levar cada caloría de comida a un prato preparado fan falta 7,4 calorías. A nivel mundial esa relación é de 1:5. A maior parte desa enerxía procede de fontes fósiles. [Fonte: Aleklett (2010)]
- Entre 2.500 e 4.000 Km é o recorrido medio das froitas e verduras entre as granxas produtoras e as tendas nos países industrializados [Fonte: Bermejo (2008) p. 155].
- O prezo do leite no Reino Unido está ligado nun 60% ao prezo do petróleo [Fonte: Simon Snowden, citado por Aleklett].
- A alimentación de 6.700 millóns de seres humanos, a razón de 2.500 cal/persoa, equivale a 7100 TWh, que expresado na enerxía equivalente en petróleo serían 12 millóns de barriles/día. [Fonte: Aleklett (2010)]
- Se multiplicamos esas calorías pola media mundial que custa levalas ao prato, equivalerían a 60 millóns de barriles/día, o 30% de todo o consumo de combustibles fósiles mundial.[Fonte: Aleklett (2010)]
- A enerxía neta que se obtén a nivel mundial da agricultura foi en 2006 de entre 7200 e 9300 TWh. [Fonte: Aleklett (2010)]
- Un(ha) estadounidense gastaba durante a súa vida (datos de 1997) 1.870 barrís de petróleo e 118 Kg de pesticidas para producir o alimento que consome. [Fonte: Youngquist (1997)]
- …
Datos sobre a relación entre petróleo e economía e sobre o valor da enerxía
- Un medre do prezo en termos reais do petróleo de 10 dólares tradúcese nunha redución do crecemento económico mundial de entre o 0,4 e o 1% no ano seguinte. [Fonte: Dr. Mingqi Li (2012)] Outros analistas estiman que cada aumento de 10 dólares no seu prezo equivale a un descenso de entre 0,2 e 0,3% no crecemento do PIB europeo. [Fonte: Carlos Montero (2012)]
- O prezo máximo que un país industrializado pode pagar pola súa enerxía está arredor do 10% do seu PIB. [Fonte: James Hamilton citado por Antonio Turiel (2011)]
- En 2001, perforar un novo pozo costaba entre 10 e 20$ por cada barril de petróleo que producía. Hoxe estímase en entre 50 e 60$ nos pozos do Golfo de México ou das areas asfálticas de Canadá. [Fonte: Chris Kahn (2011)]
- Un kilovatiohora de electricidade costa en España (en 2011) uns 15 céntimos de euro e equivale ao traballo de 10 horas dun home. [Fonte: Antonio Turiel (2011)]
- A 100$ o barril, 1 litro de petróleo costa pouco menos de 63 centavos (unos 48 céntimos de euro a data de decembro de 2011) e contén a enerxía que un home xoven, san e forte podería facer se puidese traballar sen parar durante 4 días e medio. [Fonte: Antonio Turiel (2011)]
- …
Datos sobre crecemento económico, débeda, sistema financeiro…
- Os Estados sobreendebedados precisan crecer a un ritmo do 3-5% anual para poder recadar vía impostos os suficientes cartos para pagar o que deben e seguir a ser solventes. [Fonte: Euan Mearns (2011)]
- …
Estimacións sobre posibles transicións
- Reemprazar os aproximadamente mil millóns de vehículos que consumen combustibles fósiles no mundo custaría entre 5 e 10 billóns de dólares. [Fonte: Robert Hirsch (2010)]
- …o custe enerxético sería (vid. supra) de 20.000 millóns de barriles de petróleo (equivalente ao consumo actual mundial de petróleo durante máis de 7 meses).
- …
3 reflexións sobre “Datos de interese sobre o petróleo (e máis)”