Pódese considerar pioneira en todo o Estado Español a resolución aprobada en Xaneiro de 2007 polo Cabildo da illa canaria de La Palma (PDF) que recoñece a gravidade do teito do petróleo e as súas repercusións para unha illa especialmente vulnerable (PDF). Propón como obxectivo prioritario no menor tempo posible acadar a máxima autosuficiencia enerxética e a mínima dependencia dos combustibles fósiles, apoiándose para isto no potencial para as enerxías renovables (hidráulica, solar e eólica) que ten a illa.
Fonte:
- Bermejo, Roberto (2008). Un futuro sin petróleo. Colapsos y transformaciones económicas. Los libros de la catarata.
- AEREN (2007). El cabildo de la isla de la Palma reconoce el cenit del petróleo y del gas. CrisisEnergetica.org.
Unha reflexión sobre “Illa de La Palma sen petróleo”