Suecia sen petróleo

SueciaA declaración do primeiro ministro en setembro de 2005 establecía o obxectivo de eliminar o uso de todos os combustibles fósiles para 2020. A estratexia da Comisión sobre Independencia do Petróleo de Suecia (presidida polo primeiro ministro, que é quen introduce a estratexia) presentouse en xuño de 2006 co título “Facendo de Suecia unha Sociedade LIBRE do PETRÓLEO”. Céntrase na realización dunha transición enerxética, a cal afecta á eficiencia, aos combustibles empregados no transporte, na produción eléctrica e na calefacción de edificios. Pero a Comisión achou pouco realista o obxectivo inicial e substituino polo de acadar unha redución do 40-45% do consumo de combustibles fósiles para 2020. Este obxectivo xeral desglósase nos seguintes:

  • Eficiencia: mellora do 20%.
  • Eliminación do petróleo na calefacción residencial e edificios comerciais, e forte promoción da eficiencia e dos refugallos da madeira coma alternativas.
  • Redución do consumo industrial do petróleo nun 25-40%.

Estes obxectivos acadaranse mediante unha forte intensificación da eficiencia, do uso de enerxías renovables, mantendo o actual nivel de consumo do gas natural e seguindo o plan de desmantelamento de centrais nucleares. En transporte aposta pola construción de ferrocarrís, polos biocombustibles locais e pola mellora da eficiencia dos vehículos. Porén, a perda das eleccións dos Partido Socialdemócrata pouco despois de teren aprobado a estratexia xera dúbidas sobre o seu futuro.

Fonte:

  • Bermejo, Roberto (2008). Un futuro sin petróleo. Colapsos y transformaciones económicas. Los libros de la catarata.