A Asociación de Gobernantes do Sur de California aprobou unha estratexia (Regiosnal Comprehensive Plan: RCP) para faceren fronte á crise enerxética en xuño de 2008. E é a consecuencia da aceptación da proximidade do teito do petróleo que ficou reflectida no Informe do Estado da Rexión de 2006. O RCP é o resultado de tres anos de elaboración altamente participativa. Interviñeron representantes políticos, xestores públicos, representantes dos empresarios, expertos, ecoloxistas, representantes de comunidades cidadás, etc. O capítulo máis importante é o de enerxía. Nel afírmase: “podémonos preparar para os inevitables retos alentando a participación da comunidade, investindo en transporte público e revisando o uso do solo, as normas urbanísticas e de edificación para optimizarmos o consumo de enerxía”. Constata que, froito do investimento en transporte público, o número de viaxeiros medra anualmente a un ritmo superior ao 10%. Pero os obxectivos máis relevantes son: a redución do consumo de combustibles fósiles nun 25% en 2020 desde o nivel de 1990 (o consumo de gasolina medrou un 20% nos últimos 10 anos), e as enerxías renovables deben subministrar o 20% da electricidade en 2010 (achegan o 15% en 2008) e o 30% en 2020.
Fonte:
- Bermejo, Roberto (2008). Un futuro sin petróleo. Colapsos y transformaciones económicas. Los libros de la catarata.