Medidas: Economía

(Páxina aínda en desenvolvemento.)

Nestas páxinas iremos recopilando as medidas que nas diversas áreas da sociedade e da economía propoñen diversos autores e organizacións, para nos prepararmos fronte ás consecuencias do teito ou cénit do petróleo. Malia térmolas separado para unha máis doada consultar e organización, por áreas, advertimos de que deberían ser parte dunha actuación transversal, xa que o problema atinxirá practicamente a todos os aspectos da nosa vida.

Medidas relativas á economía

Son medidas que en case todos os autores xiran en torno a uns eixos claros: relocalización da actividade económica e decremento sustentable tanto en consumo de recursos como de enerxía. Ás aquí indicadas deben engadirse moitas das que teñen que ver co transporte e coa produción agrogandeira.

Nivel nacional e/ou local (políticas públicas)

– Reconversión de todas as industrias insustentables cara a outro tipo de actividades sustentables.
– Plan para a relocalización da economía e da sociedade.
– Reorientación da economía produtiva cara o consumo interno.
– Apoio a iniciativas empresariais non dependentes do petróleo.
– Apoio económico a proxectos empresariais que fornezan produtos substitutivos aos importados.
– Subvencións e vantaxes fiscais para as empresas e iniciativas cidadáns que potencien os circuitos curtos produción-consumo.
– Supeditación total da economía ao benestar social.
– Abxuración pública do mito do crecemento sostible.
– Penalización do consumismo e da publicidade. Fomento dun cambio cultural con respecto ao consumo.
– Promoción de moedas locais complementarias, bancos de tempo e sistemas de troco.
– Máxima promoción do teletraballo.
– Reforma fiscal segundo criterios ecolóxicos.
– Incentivos fiscais á eficiencia e á autosuficiencia enerxética das empresas. Obrigar a poñer paneis solares nos edificios, miniturbinas eólicas e outros sistemas de autoabastecemento enerxético.
– Difusión e recuperación dos oficios tradicionais pre-industriais mediante exposicións itinerantes, programas de TV e clases en colexios e institutos.
– Revisión de todos os planos de investimento público baixo un escenario permanente de petróleo caro.
(Pendentes de ampliar)

Nivel persoal

– Reducir o gasto persoal e familiar ao mínimo.
– Cancelar hipotecas e outras débedas.
– Apuntarse a bancos de tempo, participar en sistemas de troco e de moeda complementaria.
(Pendentes de ampliar)

Referencias

(Pendentes de engadir)