Arquivo da etiqueta: galiza

Crónica do curso de tracción animal en Meire (Allariz)

Durante os catro días de curso, os asistentes tivemos a oportunidade de aprender e practicar moito coa axuda duns poñentes de altísimo nivel. Ademais, a organización, excelente en todos os sentidos, contribuiu ao convivio entre…

Plataforma pola sostibilidade do rural galego ou cabalo de Troia contra o rural?

Non hai unha minaría sostíbel, nin monocultivos forestais sostíbeis, por moito que contorsionemos os conceptos. A sostibilidade real é contraria a este tipo de prácticas.

Xoán Doldán fala no Parlamento de Galicia sobre Peak Oil e a necesidade de decrecer no consumo enerxético

O pasado mércores día 6 de setembro, o noso compañeiro e vicepresidente da asociación Véspera de Nada, Xoán Ramón Doldán, compareceu en sede parlamentaria durante o proceso de debate en torno á Proposición de lei,…

Véspera de Nada participará no III Encontros sobre impactos da Minaría (4-marzo, Compostela) #ContraMINA2017

Este sábado terá lugar en Compostela un novo encontro para analizar os impactos da minaría destrutiva, organizado pola rede ContraMINAcción e con presenza internacional da rede YLNM. Será no Centro Socio-Cultural de Vite a partir…

O partido LiGanDo presenta ao presidente da Xunta unha serie de propostas para abordar o Peak Oil

Tomando como base un argumentario no que mencionan desde o recoñecemento da Axencia Internacional da Enerxía do Teito do petróleo cru en 2006, até a posibilidade dunha futura guerra en Alxeria polo subministro de gas…

Propostas de Véspera de Nada para as eleccións galegas 2016: por unha Galiza resiliente

Tal como fixéramos hai catro anos, co agallo das eleccións ao Parlamento de Galiza de 2012, a nosa asociación presenta hoxe á sociedade galega e aos partidos políticos que se presentan ás eleccións deste 25…

O «Peak Oil» estará de novo presente no II Encontro Mulleres en Transición (Vilasantar, 18-19 de xuño)

Este sábado 18 de xuño abrirase o II Encontro Mulleres en Transición cunha palestra a cargo da presidenta de Véspera de Nada, Begoña de Bernardo co título “Pico do petróleo, ecoloxía e feminismos” (ás 12:00…

Presentación dos libros de Emilio Santiago Muíño o mércores 23 no Ateneo Ferrolán

Este vindeiro mércores 23 de marzo todas as persoas interesadas na cuestión do colapso desde un punto de vista civilizatorio, antropolóxico, social e político temos unha cita con Emilio Santiago Muíño no Ateneo de Ferrol…

Este mércores 2 de decembro, charla sobre Decrecemento e Peak Oil en Compostela

Mañá, día 2 de decembro, terá lugar en Compostela unha charla a cargo de dous dos nosos membros: Casdeiro e Miguel Anxo Abraira falarán respectivamente de O decrecemento obrigado: as profundas consecuencias sociais e políticas…

«A esquerda ante o colapso da civilización industrial», o novo libro publicado por Véspera de Nada

Na primeira semana de decembro está previsto que saia do prelo o noso novo libro, desta volta coeditado coa Asociación Touda, titulado A esquerda ante o colapso da civilización industrial: apuntamentos para un debate urxente.…

Doldán e Casal participarán hoxe na presentación dunha «moeda social» para a Costa da Morte

Hoxe venres 16 terá lugar en Santa Comba o acto de presentación dos Costavales, un sistema de vales cos que os comerciantes locais queren contribuír á resiliencia da Costa da Morte. O sistema, baseado nuns…

Os recursos enerxéticos galegos e o mito da sobreabundancia

Reproducimos un artigo de Xoán R. Doldán publicado no nº 216 da revista Tempos Novos (maio de 2015). O artigo aborda de maneira resumida un tema xa tratado por Doldán no seu texto A necesidade…

Algunhas achegas a prol do afortalamento das explotacións leiteiras galegas perante o Teito do Petróleo (2009)

Dado o agravamento da situación do sector leiteiro no noso país e as mobilizacións sociais, sindicais e políticas de resposta, consideramos que é útil publicar un documento que elaborou en 2009 a nosa asociación e…

A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza (e V: Por un novo modelo enerxético para Galiza). Por Xoán Doldán

Parte final do texto «A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza», de Xoán R. Doldán, publicado no libro Ecoloxía Política: Olladas desde Galicia (oBenComún, 2015). Fragmentos anteriores: Antecedentes históricos: as bases do modelo enerxético…

A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza (IV: Caracterización do modelo enerxético galego). Por Xoán Doldán

Continuación de «A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza», de Xoán R. Doldán, texto incluído no libro Ecoloxía Política: Olladas desde Galicia (oBenComún, 2015). Partes anteriormente publicadas: Antecedentes históricos: as bases do modelo enerxético…

A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza (III: O panorama enerxético galego nas tres últimas décadas). Por Xoán Doldán

Terceira parte do texto A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza de Xoán R. Doldán (o seu capítulo no libro Ecoloxía Política: Olladas desde Galicia). Tamén se poden consultar a 1ª y 2ª partes…

A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza (II: O camiño da dependencia enerxética e da expansión eólica). Por Xoán Doldán

Tras o apartado de “Introdución” e de “Antecedentes históricos: as bases do modelo enerxético galego”, hoxe publicamos a segunda parte do texto A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza de Xoán R. Doldán, que…

A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza (I: Antecedentes). Por Xoán Doldán

Principiamos hoxe a publicación por entregas dun texto fundamental para entender a realidade enerxética do noso país, de ónde vimos en materia enerxética e cara onde imos, para combater moitas desinformacións e mitos comúns tanto…

I Encontro ecofeminista «Mulleres en transición». 20-21 de xuño, no Centro para a Resiliencia Pousadoira

Publicamos a presentación das xornadas, por parte da súa promotora, a nosa compañeira Begoña de Bernardo: Ecofeminismos como alternativa cara a transición poscapitalista O 20 e 21 de xuño celebrarase no Centro para a Resiliencia…

Apresenta-se o novo blogue de Miguel Anxo Abraira, «Repensando o futuro»

Trasmitimos mensagem do apresentação do blogue do nosso companheiro: Leitores do site de Véspera de Nada: quero convidar-vos a visitar o meu blogue pessoal que há poucos dias ativei. Pretendo neste blogue fazer reflexões sobre…

Presentación do libro “O pequeno é grande” escrito por Xoan Carlos Carreira e Emilio Carral

Xoán Carlos Carreira e Emilio Carral presentarán o seu libro “O pequeno é grande” este  sábado 14 de marzo ás 20:00h no Centro Social Gentalha do Pichel en Compostela. Na presentación, teremos oportunidade para escoitalos,…

Véspera de Nada en apoio de Marcos Celeiro e en contra da minaría destrutiva

Reproducimos comunicado emitido o pasado mes pola rede ContraMINAcción en apoio do noso compañeiro Marcos Celeiro, denunciado pola empresa Cementos Cosmos: Se algo quedou claro no II Encontro sobre os Impactos da Minaría en Galiza…

Véspera de Nada participa no II Encontro Galego sobre o impacto da minaría

A nosa asociación acodirá representada polo seu presidente, Xoán Ramón Doldán, ao II encontro galego sobre o impacto da minaría organizado pola rede Contraminacción e que terá lugar mañá sábado 8 de novembro en Lugo,…

Crise enerxética mundial e nacionalismo galego

(Reproducimos a continuación un artigo do noso compañeiro Miguel Anxo Abraira publicado a pasada semana en Sermos Galiza.) Ferve Escocia e ferve Catalunya mais parece que Galiza, unha vez máis, quixera deixar de existir. O…

«Tocando a concelho: uma ata paroquial». Un texto de Joám Evans desde a Galiza do ano 2030

Continuamos con este texto de Joám Evans Pim a reprodución dalgúns contidos incluídos no nº 0 de presentación da nova revista 15/15\15, que está en plena fase de financiamento colectivo en Verkami. Este proxecto posto…

Membros de Véspera de Nada promoven e asinan o manifesto «Derradeira chamada»

Promovido e elaborado —entroutros activistas, académicos e políticos de todo o Estado Español— por Xoán Doldán e Manuel Casal, o manifesto Última llamada (Derradeira chamada na súa versión en galego), este manifesto por unha urxente…

pATENTADO!

Rodrigo Osorio Guerrero cóntanos máis sobre esta nova produción audiovisual vencellada co Teito do Petróleo: A maioría das persoas das sociedades capitalistas desprezamos a industria tradicional, como tantas outras cousas verdadeiramente importantes, e semella que…

O descenso enerxético e o «Peak Oil» en Radio Voz

O programa Voces de Galicia da emisora Radio Voz entrevistou o pasado día 14 de maio a Xoán R. Doldán para falar da presentación da nosa Guía para o descenso enerxético. Nestes case 18 minutos…